viernes, 28 de febrero de 2020

Plantamos árbores.

O día 19 de febreiro saimos, xunto cos nosos compañeiros de 4º B, a plantar árbores. Con nós viñeron Xosé Santos, axente forestal, membros da Asociación de veciños "San Breixo" de Seixalbo  e da Comunidade de montes. Grazas por acompañarnos! 

Foi unha clase práctica onde aprendemos como plantar árbores, os seus coidados, coñecemos diferentes tipos de árbores, os beneficios delas, pero sobre todo aprendemos a importancia de respetar a natureza.






Esta actividade está recollida dentro do noso Proxecto de Voz Natura.
E tamén saimos no xornal! Neste enlace poderedes ver máis fotos.


jueves, 13 de febrero de 2020

Visita sorpresa!

Hoxe recibimos unha visita moi especial, os nen@s de 4 anos viñeron a ensinarnos os seus disfraces "compartidos". Toda unha sorpresa. Estaban guapísimos e algún case irrecoñecible. 
                                                  

                                         Grazas pola visita!.