domingo, 13 de septiembre de 2020
Xa estamos de volta!!
Despois de tantos meses volvemos a vernos as caras, voltamos con moita ilusión, con ganas de aprender, de disfrutar da compañía dos nosos compañeiros, mestres...de volver a estar XUNTOS.
jueves, 18 de junio de 2020
Felices vacacións!
Despois deste curso tan extraño só quería desexarvos un feliz verán. Vémonos en setembro!
Sempre co voso mellor sorriso.
domingo, 22 de marzo de 2020
miércoles, 4 de marzo de 2020
Re-utilizamos!
Nós tamén reutilizamos. Buscámoslle outro uso para os nosos disfraces. Quizáis poderían facer de xoguetes para os nen@s de Infantil e 1º de Primaria e así foi, donámosllos. Seguro que os aproveitan nas clases de Educación física e Psicomotricidade. Que os disfrutedes!
domingo, 1 de marzo de 2020
Sementando landras
Despois das explicacións dadas por X. Santos sobre as sementes, puxemos en práctica o aprendido. Sementamos landras que coidaremos no que queda de curso. Dentro de pouco xa somos expertos!
viernes, 28 de febrero de 2020
Plantamos árbores.
O día 19 de febreiro saimos, xunto cos nosos compañeiros de 4º B, a plantar árbores. Con nós viñeron Xosé Santos, axente forestal, membros da Asociación de veciños "San Breixo" de Seixalbo e da Comunidade de montes. Grazas por acompañarnos!
Foi unha clase práctica onde aprendemos como plantar árbores, os seus coidados, coñecemos diferentes tipos de árbores, os beneficios delas, pero sobre todo aprendemos a importancia de respetar a natureza.
E tamén saimos no xornal! Neste enlace poderedes ver máis fotos.
viernes, 14 de febrero de 2020
jueves, 13 de febrero de 2020
Visita sorpresa!
jueves, 30 de enero de 2020
Día da Paz.30 de Xaneiro.
Este ano traballamos a Wangari Maathai, ecoloxista e activista que recibiu o premio Nobel da Paz no ano 2004. Visionamos o vídeo do conto:"Wangari y los árbores de la Paz" e "Seré un colibrí". Dúas fermosas historias que serven de exemplo de loita e defensa da natureza. Tamén estivemos a facer unha serie de actividades na pizarra dixital sobre a súa vida.
Aquí temos o mural rematado.
lunes, 27 de enero de 2020
jueves, 23 de enero de 2020
martes, 14 de enero de 2020
O meu libro dos libros.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)